A Casa do mel entregou oxe en Ourol dous nucleos con abellas a dous compañeiros que se quedaron sin abellas por a velutina.

A Casa do mel acordou na súa asemblea anual, e nun acto de solidaridade, obsequiar os compañeiros que se quedaron sin abellas polo ataque da vespa velutina con un nucleo de abellas.

O domingo día 8 coincidindo co curso de iniciación á apicultura que estamos a impartir en Ourol, a todos os socios que quedaron en esta situación neste Concello, se fixo entrega do nucleo correspondiente, para que non se vexan obrigados a abandonarnos por non ter abellas. Ourol e un Concello tremendamente afectado por esta praga, o 75 % das colmeas que tiñan os nosos socios desapareceron por o ataque da velutina.

Ante esta situación os abelleiros preguntamonos ¿de que vale que se gasten os cartos en subvencións en fondos sanitarios, ceras de calidade e tratamientos para a varroa se non temos abellas?.

Seguramente que non faltara mel, outros aprobeitaran para vendelo maís caro, pero que pasara coa polinización en estas zonas donde desaparecen as abellas.

Seguiremos repartindo abellas entre os nosos socios que quedaron na peor situación, perdendo todas ás colmeas, xa que en outras zonas tamén temos afectados.