A Casa do mel estará os días 30 e 31 de xaneiro nas “Xornadas sobre aproveitamentos forestais alternativos” que organiza a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común “O Raño” coa colaboración do Concello de Irixoa e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A xornada está especialmente dirixida a propietarios de terras, comunidades de montes, traballadores, técnicos e profesionais nos eidos agropecuario, forestal e medioambiental e público interesado. Na mesma, buscarase identificar e coñecer actividades complementarias ao aproveitamento madeireiro do monte, que posibiliten unha rendibilidade económica, social e ambiental acorde co seu potencial. Contarase coa participación de diferentes personalidades con ampla experiencia na temática. Ademais o domingo realizarase unha visita a experiencias demostrativas.