A Casa do Mel estará o próximo sábado 13 de febreiro en Betanzos no III Encontro da Rede Galega de Sementes. Neste evento poderás atopar un mercado de artesán e ecolóxico, mesa de troco de sementes e diferentes charlas e actividades ao longo de todo o día. O programa será:

10:30h – Apertura da Mesa de Troco e do Mercado Artesán e Ecolóxico.

12:00h – Palestra: Combater a avespa asiática (Casa do mel de Goente).

13:00h – Obradoiro de prensado de mazá.

14:00h – Xantar Popular. Trae a túa comida para compartir.

16:30h – Monicreques: Aturuxo Conachil.

17:30h – Charla: Atallar as especies invasoras e a custodia do territorio.

20:00h – Peche da mesa de troco no mercado.

E a bailar coa Foliada con «Os do Xalo»!!!

BETANZOS