FEIRA_DO_GREELO_2016

O domingo 7 de febreiro arrinca unha nova edición dá Feira do Grelo, na súa XXXVI edición incorpóranse ás actividades máis tradicionais, como o concurso do grelo e degustación, propostas novas.
FEIRA DO GRELO 2016

Nesta ocasión estarán presentes as food trucks (camionetas ambulantes con comida a pé de rúa) que terán como protagonistas dos seus pratos os grelos. Este espazo gastronómico abrirá as súas portas o sábado 6 ao mediodía e durante a xornada dá Feira, domingo 7 estará rodeado de postos de alimentación nos que se poderá gozar de diferentes queixos, repostería elaborada con fariña de castaña, grelos envasados, marrón glacé, herbas aromáticas e culinarias así como produtos de horta con certificado ecolóxico entre outras suxestións culinarias. Para finalizar temos unha presentación das diferentes variedades de grelos de Galicia e a preparación e conservación dos grelos a cargo do Cociñeiro Antonio Díaz Calvo.