Para crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores,  as amenazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, a ONU declarou o 20 de maio como Día Mundial das Abellas.

A data escollida coincide coa data de nacemento do esloveno  Anton Janša que, no século XVIII, foi un pioneiro da apicultura moderna e ensalzaba ás abellas pola súa capacidade para traballar tan duro.

Na Casa do Mel tamén queremos celebralo, para iso temos preparadas varias actividades, tanto para pequenos como para maiores, que xiran en torno ao mundo da abella, e que se desenvolverán ao longo do Domingo 19 de Maio.

Ás 10:30h contaremos coa presenza de María Pilar de la Rúa Tarín, profesora e investigadora, catedrática de Zooloxía e Antropoloxía da Universidade de Murcia,  experta en apidoloxía que nos falará sobre a Avaliación xenética da abella melífera galega.

A partir das 16:00h, será o turno dos pequenos da casa, e para eles temos preparados diferentes xogos e actividades para que de xeito lúdico vaian coñecendo as abellas e a súa importancia para a vida. Para participar é necesario inscribirse chamando ao tlf: 661 003 616.