O sábado 27 de abril comezará o Curso anual de Iniciación á Apicultura, coorganizado polo Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel. Haberá tres xornadas máis os días 4, 5 e 11 de maio en horario de 9 a 14.00h. e para esta acción formativa ofértanse un máximo de 20 prazas, gratuítas para a veciñanza de San Sadurniño e persoas asociadas á Casa do Mel (para o resto custará 40€). As inscricións hai que facelas chamando ao 981 490 027 antes das 14.00h. do 24 de abril.