Un dos obxectivos da área de Desenvolvemento local do concello de San Sadurniño é a formación no ámbito rural e da sustentabilidade e por iso se programan as xornadas “Apostando polo sector primario”. Así, ao abeiro do convenio de colaboración que mantemos con este concello, o venres 26 de abril ás 19.30h. Marcos Varela ofrecerá na Casa da Xuventude unha sesión con entrada libre sobre os produtos do agro centrada principalmente no etiquetado e comercialización do mel.