9 ao 13 de Outubro na CASA DO MEL

Días 9 e 10 de Outubro.

■ 16:00h: XI Cata de meles. Con diploma de recoñecemento para os mellores meles: claro e escuro.

Día 12 de Outubro.

■ 16:00h: Obradoiro de aromaterapia para a saúde.

(Asistencia limitada a 20 persoas, previa inscrición).

Monitora: Noelia Solar, aromatóloga e terapeuta.

Introducción á aromaterapia e aceites esenciais, obtención de hidrolatos e elaboración de crema balsámica.

Día 13 de Outubro. Xornada adicada á xenética da abella.

(Asistencia previa inscripción)

■ 17:00h: “Selección da abella negra local”

Poñente: Benigno Basteiro, apicultor profesional que desenvolve un programa de mellora xenética de raíñas en Ourense.

■ 18:30h: “ERBEL, un proxecto de selección con abella negra ibérica”

Poñente: Egoitz Galartza Garaialde. Licenciado en Veterinaria. Coordinador dos proxectos apícolas BEEHOPE de conservación da abella local e de selección e mellora xenética da Asociación de Criadores de Abella Negra ERBEL.

 

X FEIRA DO QUEIXO E DO MEL

14 de Outubro en GOENTE

A programación desta cita contará con diferentes postos de productos de alimentación, entre os que por suposto, non faltarán o mel nin o queixo. Contarase tamén cos tradicionais talleres de candeas e elaboración de queixo, e outro que permitirá aos máis pequenos da casa aprender a muxir.

Poderase disfrutar das exhibicións en vivo de diferentes artesáns, que demostrarán o seu bo facer.

Os visitantes que se acheguen a Goente,  poderán xantar na tradicional comida de confraternidade (menú a prezos populares), que se servirá na carpa, ou degustar hamburguesas e xeado de mel na “food truck” instalada no campo da feira.

 

Máis información na  “CASA DO MEL” en Goente e no tlf. 661 003 616