A avespa asiática é unha especie invasora que lle está afectando tanto ao medio rural como ao urbano. As “velutinas” están provocando perdas na apicultura e fruticultura, ademáis de supor un importante problema de seguridade pública cando aniñan preto de vivendas ou cando son molestadas nos traballos agrícolas ou forestais.

A estas alturas, a súa eliminación é complicada. Pero iso non impide que se poidan tomar medidas preventivas e de control da praga.

Para que coñezamos algunhas das técnicas que se están a empregar para controlar os seus efectos, o Concello de San Sadurniño en colaboración coa Casa do Mel, organiza unhas xornadas abertas a todas as persoas interesadas.